Aviso legal
Inicio 
Bookmark and Share

Este Aviso Legal trata de regular a posta a disposición dos usuarios e as usuarias da información e os servizos que se proporcionan a través da páxina web www.medicosdomundo.org, propiedade de Médicos do Mundo, con domicilio social na rúa Conde de Vilches 15, 28028, Madrid, con CIF GR-79408852, inscrita no rexistro nacional de asociacións co número 91.009 e declarada de utilidade pública segundo Orde Ministerial de 17/10/1995.

A navegación pola páxina web atribúe a condición de usuario e trae consigo a aceptación plena e sen reservas do presente Aviso Legal. Salvo indicación expresa do contrario, o acceso á información mostrada nas páxinas do portal é totalmente gratuíto.

Médicos do Mundo reserva o dereito a modificar unilateralmente, en calqueira momento e sen previo aviso, a presentación, configuración do contido da páxina web e do presente Aviso Legal. Estas modificacións consideraranse validamente notificadas dende a súa publicación na páxina web.

OBLIGACIÓNS DO USUARIO OU USUARIA

O usuario ou usuaria obrígase a empregar os contidos de maneira dilixente, correcta, lícita e de conformidade á Lei e ao presente Aviso Legal. Comprométese, concretamente, a non empregar os contidos cunha finalidade contraria á Lei, á moral ou ao orde público; a non reproducir nin copiar, non distribuír, non permitir o acceso público, non transformar e non modificar ningún tipo de contido da páxina web, a excepción de que dispoña da autorización expresa en calquera tipo de soporte, ben físico ou lóxico, de Médicos do Mundo ou con autorización expresa, no seu caso, do lexítimo titular dos dereitos sobre os contidos antes mencionados.

Así mesmo, o usuario ou usuaria obrígase a non utilizar o deseño e o código fonte das páxinas web do website cunha finalidade contraria á Lei, moral ou orde pública.

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

Médicos do Mundo non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da páxina web e exclúe calquera tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da páxina web ou a defraudación da utilidade que os usuarios tiveran podido atribuír á páxina. En particular, Médicos do Mundo non asumirá ningún tipo de responsabilidade polos posibles fallos no acceso aos distintos apartados da páxina web da súa propiedade.

Médicos do Mundo non garante a fiabilidade e utilidade dos contidos da páxina web e exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á transmisión, difusión, almacenaxe, posta a disposición, recepción, obtención, acceso ou calquera outra conduta análoga ou similar aos contidos. Médicos do Mundo non garante a veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade dos contidos.

Médicos do Mundo exclúe calquera tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de veracidade, exactitude, exhaustividade e/ou actualidade dos contidos.

SITIOS LIGADOS

A páxina web pode incluír dispositivos técnicos de ligazón que permiten ao usuario ou usuaria acceder a outras páxinas e portais de Internet (en diante, "Sitios Ligados"). Nestes casos, Médicos do Mundo actúa como prestador de servizos de intermediación de conformidade co artigo 17 da Lei 34/2002, do 12 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI) e só será responsable dos contidos e servizos subministrados nos Sitios Ligados na medida que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non desactivase a ligazón coa dilixencia debida.

Médicos do Mundo non coñece os contidos e servizos dos Sitios Enlazados e polo tanto non se fai responsable dos danos producidos pola ilicitude, calidade, indispoñibilidade, erros e inutilidade dos Sitios Ligados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable a Médicos do Mundo.
 

 

 

 

 NAVEGACIÓN CON COOKIES

A web de Médicos do Mundo emprega cookies que quedarán almacenadas no equipo. As cookies son pequenos arquivos que o noso ordenador envía ao seu, pero que non nos proporcionan información nin sobre o seu nome, nin sobre ningún dato seu de carácter persoal.

As cookies que empregamos non poden ler datos do seu ordenador nin ler as cookies que existan no seu ordenador. Cando o usuario estea a navegar pola páxina web de Médicos do Mundo, o servidor onde está aloxada recoñece automaticamente a dirección IP do seu ordenador, o día e a hora na que comeza a visita, na que conclúe a visita, así como información sobre as distintas seccións consultadas. É necesario que o servidor coñeza estes datos para poder comunicarse e enviarlle a petición realizada e que a través do navegador se poida ver na pantalla

Se o usuario o desexa pode configurar o seu navegador de maneira que lle apareza un aviso na pantalla se vai recibir unha cookie. O usuario pode configurar o seu ordenador para non recibir estas cookies, o cal non impedirá que se poida acceder á información do sitio web www.medicodelmundo.org.

PROPIEDADE INTELECTUAL

Os dereitos de propiedade intelectual da páxina www.medicosdelmundo.org e dos distintos elementos nela contidos, incluíndo, sen limitación, a información escrita, os deseños gráficos, debuxos, arquivos de imaxe e de son, deseños fotográficos, gravacións e, en xeral de todo o material accesible dende a páxina web, pertencen a Médicos do Mundo España. Corresponde á nosa ONG o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación de tales dereitos de propiedade intelectual, en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

A utilización non autorizada da información contida nesta páxina web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de Médicos do Mundo, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

O usuario ou usuaria non poderá, en ningún caso, establecer ligazóns ("links") entre calquera espazo accesible dende Internet e a web, salvo que sexa consentido previamente de forma expresa e por escrito por parte de Médicos do Mundo.

 DURACIÓN

A duración do presente Aviso Legal para o uso desta páxina web é de carácter indefinido e permanecerá vixente mentres o portal estea activo. O usuario ou usuaria afirma ter lido o Aviso Legal, e presta a súa conformidade co contido deste.

Así mesmo, Médicos do Mundo poderá modificar o contido do presente Aviso Legal en calquera momento, coa finalidade de adecualo a futuros cambios lexislativos ou tecnolóxicos. Estas modificacións consideraranse eficazmente notificadas dende a súa publicación na web sendo válidas dende ese momento.

LEI APLICABLE

O presente Aviso Legal réxese pola lexislación española. En caso de disputa ou controversia relacionada coa interpretación ou aplicación deste, as partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais da cidade de Madrid.