Coñécenos nun minuto
Inicio > Quiénes somos > Nuestra propuesta > Conócenos en un minuto 
Bookmark and Share
Consulta nuestra agenda de actividades
b
PWC-IZQUIERDA-INFERIOR

Médicos do Mundo é unha asociación independente que traballa para facer efectivo o dereito á saúde para todas as persoas, especialmente para aquelas que viven en situación de pobreza, iniquidade de xénero e exclusión social ou son vítimas de crises humanitarias.

Curar é a primeira misión de Médicos do Mundo e das persoas voluntarias e profesionais que conforman a nosa asociación. Por iso, os que formamos parte desta organización comprometémonos a axudar a todas as poboacións vulnerables, excluídas ou vítimas de catástrofes naturais, fames, enfermidades, conflitos armados ou violencia política. Para Médicos do Mundo o dereito das vítimas a ser atendidas debe prevalecer sobre calquera outra consideración.

Non só actuamos nos países do Sur, senón que traballamos tamén cos colectivos excluídos da sociedade do benestar, especialmente con aquelas persoas con problemas de acceso ao sistema público de saúde. Non pretendemos crear sistemas de asistencia paralelos, senón lograr que todas as persoas gocen de condicións de saúde axeitadas.


/ / / / / / / Atención e denuncia
/ / / / / / /

/ / / / / / / Médicos do Mundo actúa no ámbito da saúde coa poboación en situación de pobreza e exclusión social, e coas vítimas de crises humanas, asiste a toda persoa que ve vulnerados os seus dereitos humanos, realiza accións de sensibilización como medio para o cambio social e denuncia as causas que orixinan as inxustizas.
/ / / / / / / Médicos do Mundo é unha asociación dirixida polos socios e as socias que participan de forma voluntaria e que teñen unha implicación política e económica.
/ / / / / / /
/ / / / / / / Máis de 800 persoas voluntarias colaboran con Médicos do Mundo, participando, sobre todo, nas 12 sedes que a organización ten noutras tantas Comunidades Autónomas. Esta organización tamén a forman as máis de 700 persoas contratadas e os miles de doadores que apoian os esforzos da organización por loitar contra todas as enfermidades incluída a inxustiza.
/ / / / / / /