Luchemos juntos por una atención médica universal
Guías de Médicos del Mundo a lo largo de los años.

Guía didáctica 'Un mundo en movemento. Cuestion de dereitos'

Guía didáctica para traballar procesos migratorios e identidades múltiples nas aulas.

A guía conta con dous bloques. No primeiro está a parte introdutoria sobre os determinantes sociais da saúde e a estratexia de Educación para a Transformación Social que abordamos nas nosas intervencións.

No segundo bloque hai catro actividades didácticas deseñadas por Ana Cebrián, ilustradora e profesora de educación artística.

As actividades están dirixidas aos e ás profesionais da educación e ao equipo técnico de Médicos del Mundo. Nas actividades diferenciamos dous bloques temáticos: o proceso migratorio nas actividades MIGRAR e SER E SUMAR, e as identidades múltiples nas actividades PERTENCER e CONECTAR.

Cada actividade conta con 4 páxinas nas que se poden atopar as instrucións e unhas etiquetas con conceptos chaves sobre os que se pode obter máis información no glosario da guía. O equipo docente é libre de adaptar os contidos das actividades aos seus respectivos contextos con creatividade e inspiración.